0

A Guerra do Vietnam

jueves, 21 de octubre de 2010


A guerra do Vietnam, chamada tamén Segunda Guerra de Indochina eGuerra de Estados Unidos, foi un conflito bélico que enfrontou entre 1958 e 1975 aos Estados de Vietnam do Sur e Vietnam do Norte, apoiados polos seus respectivos aliados e especialmente, os Estados Unidos que axudaron directamente aos survietnamitas até a súa retirada en 1973, no contexto xeral da Guerra Fría.
As faccións en conflito foron, por unha banda, a República Democrática de Vietnamco apoio de movementos guerrilleiros survietnamitas como o Viet Cong ou Fronte de Liberación Nacional (NLF, polas súas siglas en inglés) e de subministros soviéticose chineses. Polo outro lado, a República de Vietnam co apoio militar e loxístico dosEstados Unidos. En axuda dos estadounidenses tamén participaron, con tropas de combate, Australia, Corea do Sur, Filipinas, Nova Celandia e Tailandia, mentres queAlemaña, Irán, Marrocos, Reino Unido e Suíza contribuíron con subministros materiais e equipamento médico. Outros continxentes testemuñais en apoio dos EE.UU. foron enviados por Taiwan e tamén España, que mobilizou un reducido grupo de médicos militares en misión sanitaria.

0 comentarios:

Publicar un comentario